White&Black (Nivel 1)

Iste é o xogo que arrasa por toda España e do que todo o mundo fala. A el xogaron xa miles de equipos de todas partes de España e do estranxeiro.

Número de xogadores: de 2 a 6 persoas.

O Campión mundial de xadrez Tommy Fisher foi durante varios anos imbatible.

En 1985, durante o campionato mundial de xadrez comezou a sufrir problemas de visión. Isto afectou o seu xogo de maneira determinante e perdeu o seu título. Aos poucos o seu problema fíxolle tolear e acabou asegurando que os seus problemas foran causados de maneira deliberada por un complot entre o resto de xogadores. O seu xogo foi en declive, comezou a ter problemas coa bebida, e finalmente desapareceu da vida pública e non volveu xogar ningún torneo. Os que o coñecían din que os seus problemas de visión obsesionábano.

Agora, algúns dos mellores xogadores de xadrez da actualidade fostes convidados a unha partida especial co mítico campión. Ao chegar á súa casa, entrades á súa biblioteca e dádesvos conta de que fostes encerrados. Fisher quere pór a proba a vosa intelixencia e habilidades e preparouvos un reto mortal. Debedes escapar en menos de 60 minutos, ou un gas mortífero será introducido na habitación.

Poderedes resolver todos os enigmas que vos preparou a retorta mente de Fisher?.

Novo Xogo (Proximamente)

Estamos a traballar a contrarreloxo no noso seguinte xogo, que terá un nivel de dificultade un pouquiño maior 🙂

Se queres manterche informado da apertura, convidámosche a seguirnos en Facebook.

Que é un xogo de escape en vivo ou room escape game?

The X-Door é un xogo de escape en vivo de creación 100% española, que fai furor por toda España e chegou a Coruña.

Se buscas algo orixinal que facer en A Coruña e queres sorprender á túa parella ou amigos, fai o teu equipo (de 2 a 5 persoas) e reserva esta actividade de lecer na Coruña, que seguro lembraredes por moito tempo.

En que consiste?:

Seredes pechados nunha misteriosa habitación chea de enigmas e obxectos estraños. Pecharase a porta ás vosas costas e desde ese momento contaredes con 60 minutos de tempo para resolver todos os enigmas e escapar da habitación. Unha auténtica aventura na que vos sentiredes como os protagonistas dunha novela ou película.

Como conseguiredes escapar?. Iso terédelo que descubrir por vós mesmos, pero o básico é que rexistredes a habitación e vaiades resolvendo os enigmas que se vos presenten, utilizando os obxectos da forma que consideredes oportuno. O máis importante é que manteñades a calma, e utilicedes todo o voso enxeño e capacidade de observación, pero sobre todo que xoguedes en equipo.

É un xogo para todo tipo de xente. Non se trata dun xogo para tolos dos problemas de lóxica, dos números, ou do trivial…. Os mellores xogadores son os que traballan ben organizados e en equipo. Tampouco require empregar a axilidade ou a forza, nin sufriredes sustos, pois non hai elementos de terror.

Asegurámosvos que a hora de xogo pasarásevos voando, e que ao acabar seredes adictos a este tipo de xogos. Se conseguides saír a tempo, viviredes o inesquecible momento final de subidón. Se non conseguides saír a tempo abrirémosvos a porta pero asegurámosvos que pasarédelo igualmente en grande. As risas, diversión e adrenalina están garantidas.

The X-Door A Coruña é un XOGO PARA ADULTOS, pero se queredes vir cos vosos fillos pequenos de 8, 9, 10 anos… podedes facelo, e pasarano xenial nalgúns momentos do xogo. Pero tede en conta que a dificultade do xogo foi deseñada para idades a partir dos 16 anos e haberá partes do xogo que os pequenos non poderán facer pois requiren alguén máis adulto. Se tes algunha dúbida respecto diso podedes contactar connosco.

Iso si, para xogar sempre debe haber polo menos 1 adulto maior de 18 anos no grupo, así que se sodes un grupo de adolescentes e queredes vir xogar, teredes que atopar a un adulto maior de 18 que vos acompañe, aínda que non participe no xogo (reservámonos o dereito a pedir o DNI para comprobar a idade dos xogadores).

IMPORTANTE: se algún dos membros do equipo utiliza cadeira de rodas, por favor escribídenos a info@thexdoorcoruna.com para comentarvos as posibilidades e limitacións para xogar.

Como reservo unha partida?
Entra en Reservas e elixe o día e hora que queres vir xogar.
O prezo de The X-Door A Coruña é de 50€ por todo o grupo, independentemente de cantas persoas o formen. O pago realízase en efectivo o día do xogo ou por transferencia bancaria previa.

Tags: que facer en A Coruña, lecer en A Coruña, que facer hoxe en A Coruña, actividades en A Coruña, cousas que facer en A Coruña, que visitar en A Coruña, que facer en A Coruña o fin de semana, actividades orixinais A Coruña, despedidas de solteiro en A Coruña, que facer en A Coruña en semana santa