Preguntas Frecuentes

Podemos xogar máis de 6 persoas?

Sentímolo pero non é posible. O xogo está ideado e testado para un máximo de 6 persoas por equipo. Se sodes un grupo de máis de 6 persoas, teredes que dividirvos en varios equipos e xogar uns tras outros. Isto é moi divertido pois se xera un pique moi divertido por ver que equipo o fai mellor e sae en menos tempo.

Podemos xogar só 2 persoas?

Claro. The X-Door é unha experiencia incrible para facer coa túa parella. Ao ser 2, teredes que estar moi concentrados e non perder nin un minuto, pero asegurámosvos que a sensación final se conseguides escapar é totalmente inesquecible e é un momento especial para gozar en parella.

A que hora teño que acudir ao xogo?

O ideal é que cheguedes puntuais, xusto á hora da vosa reserva ou só uns 5 minutos antes. E sobre todo, por favor non cheguedes tarde, pois The X-Door é un xogo de escape en vivo e despois de cada equipo entra un novo equipo na mesma habitación, así que se non sodes puntuais probablemente non poidades xogar e perderedes a reserva, pois non podemos provocar un atraso aos seguintes grupos.

Cada vez que acaba un equipo, o director do xogo necesita uns minutos para preparar todo o xogo de novo. Por iso se vides demasiado pronto seguramente non podamos atendervos e teñades que esperar fóra até a hora da vosa reserva.

Hai límite de idade?

En principio non, pois o xogo só require capacidade de observación e enxeño, así que pode xogar calquera persoa que estea en condicións intelectuais normais.

Non fai falta a forza física ou a axilidade, pero si estar de pé e agacharse nalgún momento.

A partir de que idade pódese xogar?

The X-Door é un XOGO PARA ADULTOS, pero se queredes vir cos vosos fillos pequenos de 8, 9, 10 anos… podedes facelo, e pasarano xenial nalgúns puntos do xogo. Pero tede en conta que a dificultade do xogo foi deseñada para idades a partir dos 16 anos e haberá partes do xogo que os pequenos non poderán facer pois requiren alguén máis adulto. Se tes algunha dúbida sobre a conveniencia ou non de traer aos teus fillos, podedes contactar connosco en info@thexdoorcoruna.com

IMPORTANTE: para entrar a xogar sempre debe haber polo menos 1 adulto maior de 18 anos no equipo. Reservámonos o dereito a pedir o DNI para comprobar a idade dos xogadores a fin de confirmar que polo menos un deles é maior de idade.

É un xogo para xente moi intelixente ou tolos das matemáticas?

Non, non ten nada que ver con iso. É un xogo para todo tipo de xente. Só require capacidade de observación, enxeño, traballo en equipo, e sobre todo mooooitas ganas. Os mellores equipos son os que traballan unidos.

Unha vez xoguei, podo repetir a experiencia?

Se xa xogaras a un dos nosos xogos, se queres volver terás que reservar para un xogo distinto (pouco a pouco iremos sacando novos xogos) pois o xogo que xogaches sempre é igual e xa cho saberás…

Cal é o prezo?

O prezo é de 50€ (IVE incluído) polo equipo completo, independentemente de cantas persoas o formen (entre 2 e 6).

Que formas de pago admítense?

O xogo págase en efectivo o día que veñas xogar, ou por transferencia bancaria previa ao número de conta que recibirás por e-mail cando fagas a tua reserva.

O pago con tarxeta de crédito non está dispoñible.

Podo cancelar a miña reserva?

Por favor se desexas cancelar a tua reserva avísanos canto antes a info@thexdoorcoruna.com para deixar libre o teu día/hora de xogo, indicando o teu nome e apelidos e día e hora da reserva.

Se xa pagaras o xogo, debes saber que o mesmo día do xogo xa non se admiten cancelacións nin devolucións do diñeiro.

Se queres cancelar con 1 o 2 días de antelación á data da tua reserva, non poderemos devolverche o diñeiro, pero poderás cambiar o día e hora da reserva.

Se queres cancelar con 3 ó máis días de antelación á data de inicio do xogo, devolverémosche o diñeiro.

Sufro de claustrofobia. Poderei xogar?

Sen problema. Nunca tivemos ningún problema deste tipo. De feito, veu a xogar xente con claustrofobia e aos 5 minutos estaban tan inmersos no xogo que nin se acordaban dela.

En calquera caso, o espazo de xogo é bastante amplo e ben iluminado, e a habitación dispón dun botón de apertura de emerxencia da porta.

Estou embarazada. Podo xogar?

Moitas embarazadas viñeron a xogar, pois para xogar non é necesario empregar a forza física ou axilidade, nin tampouco hai elementos de terror.

Iso si, é un xogo moi emocionante e xera un subidón de adrenalina, e certos nervios ao ver correr o tempo da conta atrás, así que se crees que iso pode xerarche ansiedade ou algún problema, é a túa responsabilidade vir xogar.

En calquera caso, na habitación hai un botón de apertura de emerxencia da porta.

Poden xogar persoas con cadeira de rodas?

Contacta connosco a info@thexdoorcoruna.com para comentar as posibilidades e limitacións para xogar.

É necesario o uso da forza física?

NON, para nada. Só é necesario enxeño, observación e traballo en equipo.

Hai elementos de medo ou terror no xogo?

NON. Non hai elementos de terror nin sustos máis aló dalgún son ou luz tenue nalgún momento.

Que vestimenta é a máis apropiada?

Non tedes que arrastrarvos, nin ensuciaros, nin correr… Podedes vir vestidos como o fariades para ir ao cinema por exemplo.

Non falo nin entendo o español nin o galego. Podo xogar?

Si. Para xogar non é necesario entender ou falar español ou galego. Iso si, antes de comezar terémosvos que dar unhas breves instrucións e regras de xogo, e isto podémolo facer en inglés, español ou galego, pero se non entendedes ningún destes idiomas, darémosvos as instrucións escritas en francés, italiano, ruso ou alemán.

Algunha pregunta?

2 + 2 = ?