Marcas que xa viviron a experiencia The X-Door

Team Building A Coruña

Queres sorprender aos teus empregados ou compañeiros de traballo cunha actividade de Team Building totalmente sorprendente?. En The X-Door poredes a proba o voso enxeño e pensamento creativo, pero sobre todo a capacidade de organización e traballo en equipo.

A actividade basicamente consiste no seguinte: dispondes de 60 minutos para resolver todos os misterios que esconde unha habitación na que seredes pechados. A habitación está chea de enigmas e obxectos estraños que deberedes pescudar como utilizar para avanzar no xogo co obxectivo final de escapar da habitación antes de que transcorra o tempo.

A presión da conta atrás e a inquietante sensación de estar pechado sacarán o mellor do equipo, pondo a proba a súa capacidade de traballo baixo presión, e esixirán que o grupo traballe unido, pois sen iso non será posible.

Resolver o reto en equipo é unha experiencia incrible e que cohesiona ao grupo, e permitiralles coñecerse máis e compartir unha vivencia moi especial.

A actividade ten unha duración total duns 90 minutos como moito (60 minutos de xogo, máis uns 15 minutos previos de explicación das regras, e outros 15 minutos posteriores para comentar).

Xógase en grupos de entre 2 e 6 persoas, polo que en caso de grupos maiores, hai que dividirse en varios equipos e xogar uns tras outros. A sa competitividade que se xera nestes casos por ver que equipo o fai mellor é moi divertida.

O xogo non require ningún tipo de coñecemento especial, nivel cultural, ou forma física. Tan só require capacidade de observación, creatividade, enxeño, intuición… e sobre todo traballo en equipo.

O espazo de xogo é amplo e non contén elementos de terror ou claustrofóbicos.

É unha actividade ideal para descubrir os roles que se xeran en grupos de traballo, pero sobre todo para fortalecer vínculos entre eles e estreitar relacións entre compañeiros, esquecendo as xerarquías do día a día.

Se desexa máis información, escriba a info@thexdoorcoruna.com ou enche este formulario

1 + 0 = ?